エピソード

  • Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Lixo espacial
    2026/05/20
    O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de primaria e secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

    Neste episodio sobre lixo espacial, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio é quen fai as preguntas. Vera e África conversaron cos investigadores Carlos Ulloa Sande, do GTA Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais, e Eva Fernández Rodríguez, do grupo de investigación Medea Iuris Crea. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    続きを読む 一部表示
    34 分
  • Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Das sobras aos recursos industriais
    2026/05/20
    O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de Primaria e Secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

    Neste episodio sobre como transformar as sobras alimentarias en recursos útiles, o alumnado do CPI Toural de Vilaboa é quen fai as preguntas á investigadora Aida Díez Sarabia, do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx. Un pódcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    続きを読む 一部表示
    23 分
  • Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Economía circular
    2026/05/20
    O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de primaria e secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

    Neste episodio sobre economía circular, o alumnado do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo, en Cangas, é quen fai as preguntas. Mara, Carla, Marta, Manuel, Álex e Mike conversaron co investigador Miguel Rodríguez Méndez, do centro de investigación interuniversitario Ecobas. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    続きを読む 一部表示
    34 分
  • Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Solucións sostibles para o sector téxtil
    2026/05/20
    O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-pódcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de primaria e secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

    Neste episodio sobre a importancia de desenvolver solucións sostibles para o sector téxtil, o alumnado do CEIP de Laredo é quen fai as preguntas. Itziar, Sara, Adrián, Lena, Gael e Pedro conversaron cos investigadores Óscar Martínez Rico, do grupo FEQxLab, e Alejandro Fuertes, que investiga o uso dos refugallos urbáns como material artístico. Un pódcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero.

    Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    続きを読む 一部表示
    26 分
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Lucía Díaz Vilariño
    2026/05/05
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, Lucía Díaz Vilariño —docente na Escola de Enxeñaría Industrial e investigadora Ramón y Cajal no grupo Xeotecnoloxías Aplicadas do centro de investigación CINTECX da Universidade de Vigo—, fálanos de como a lectura e a observación do mundo a marcaron desde pequena, e como foi construíndo a súa traxectoria a través de distintos lugares e experiencias internacionais que lle permitiron ampliar a súa mirada.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    続きを読む 一部表示
    4 分
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Alma Gómez Rodríguez
    2026/05/05
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, Alma Gómez Rodríguez —docente na Escola de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo e investigadora no Laboratorio de Informática Aplicada do Instituto de Física, Computación e Ciencia Aeroespacial—, fálanos da importancia da investigación como ferramenta de progreso social, e tamén destaca o valor da divulgación para achegar a ciencia á cidadanía e inspirar novas vocacións, especialmente entre as nenas.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    続きを読む 一部表示
    7 分
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Laura Carballo Piñeiro
    2026/05/05
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, Laura Carballo Piñeiro —catedrática de Dereito Internacional Privado e decana da Facultade de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo—, percorre a súa historia desde a infancia labrega e mariñeira en Ardán ata converterse nun referente internacional no dereito marítimo. Un relato emocionante sobre memoria, esforzo, igualdade e a forza transformadora da educación pública e da investigación.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    続きを読む 一部表示
    6 分