『UCC+i da UVigo』のカバーアート

UCC+i da UVigo

UCC+i da UVigo

著者: Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo
無料で聴く

A UCC+i da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”, pon en marcha este podcast para pór en valor o labor investigador da universidade, e establecer unha canle de comunicación accesible e activa entre a institución e a cidadanía.

O obxectivo xeral do proxecto, é a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía.

O concepto “ida e volta” trata de exemplificar o movemento circular da ciencia, como as investigación científicas poden aplicarse na sociedade e mellorar a súa contorna e como a sociedade pode promover novos retos, novas ideas ou axudar e complementar estes estudos. A unión de ambos consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.Universidade de Vigo
科学
エピソード
  • Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Lixo espacial
    2026/05/20
    O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de primaria e secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

    Neste episodio sobre lixo espacial, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio é quen fai as preguntas. Vera e África conversaron cos investigadores Carlos Ulloa Sande, do GTA Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais, e Eva Fernández Rodríguez, do grupo de investigación Medea Iuris Crea. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    続きを読む 一部表示
    34 分
  • Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Das sobras aos recursos industriais
    2026/05/20
    O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de Primaria e Secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

    Neste episodio sobre como transformar as sobras alimentarias en recursos útiles, o alumnado do CPI Toural de Vilaboa é quen fai as preguntas á investigadora Aida Díez Sarabia, do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx. Un pódcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    続きを読む 一部表示
    23 分
  • Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Economía circular
    2026/05/20
    O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de primaria e secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

    Neste episodio sobre economía circular, o alumnado do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo, en Cangas, é quen fai as preguntas. Mara, Carla, Marta, Manuel, Álex e Mike conversaron co investigador Miguel Rodríguez Méndez, do centro de investigación interuniversitario Ecobas. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    続きを読む 一部表示
    34 分
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
まだレビューはありません