『Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Solucións sostibles para o sector téxtil』のカバーアート

Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Solucións sostibles para o sector téxtil

Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Solucións sostibles para o sector téxtil

無料で聴く

ポッドキャストの詳細を見る
O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-pódcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de primaria e secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

Neste episodio sobre a importancia de desenvolver solucións sostibles para o sector téxtil, o alumnado do CEIP de Laredo é quen fai as preguntas. Itziar, Sara, Adrián, Lena, Gael e Pedro conversaron cos investigadores Óscar Martínez Rico, do grupo FEQxLab, e Alejandro Fuertes, que investiga o uso dos refugallos urbáns como material artístico. Un pódcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero.

Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
まだレビューはありません