『Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Das sobras aos recursos industriais』のカバーアート

Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Das sobras aos recursos industriais

Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Das sobras aos recursos industriais

無料で聴く

ポッドキャストの詳細を見る
O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de Primaria e Secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

Neste episodio sobre como transformar as sobras alimentarias en recursos útiles, o alumnado do CPI Toural de Vilaboa é quen fai as preguntas á investigadora Aida Díez Sarabia, do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx. Un pódcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
まだレビューはありません