『Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Economía circular』のカバーアート

Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Economía circular

Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Economía circular

無料で聴く

ポッドキャストの詳細を見る
O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de primaria e secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

Neste episodio sobre economía circular, o alumnado do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo, en Cangas, é quen fai as preguntas. Mara, Carla, Marta, Manuel, Álex e Mike conversaron co investigador Miguel Rodríguez Méndez, do centro de investigación interuniversitario Ecobas. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
まだレビューはありません