『Podcast Radio Cerna』のカバーアート

Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

著者: Radio Cerna
無料で聴く

このコンテンツについて

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.© 2025 Radio Cerna 科学
エピソード
  • Boletín informativo ambiental 04/07/25
    2025/07/03
    Unha expedición científica francesa vén de localizar arredor de 1.800 bidóns con residuos radioactivos no fondo mariño do Atlántico, a 650 km da costa galega. Comeza a tempada de alto risco de incendios forestais con menos persoal dispoñible para extinción, nun contexto no que se prevé un verán máis cálido do normal. Ao tempo, Bruxelas suaviza a súa política climática e abre a porta a compensar emisións fóra da Unión Europea. Un novo gromo de botulismo volve afectar á lagoa da Congorza, en Cangas, e causa a morte de varias aves. E rematamos en Lugo, onde ADEGA lanza unha campaña na defensa dos ríos fronte á urbanización. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    続きを読む 一部表示
    10 分
  • Boletín informativo ambiental 27/06/2025
    2025/06/26
    Altri desiste das axudas do Perte para a descarbonización. Máis de 850.000 persoas en Galiza estiveron expostas a niveis de contaminación do aire que superan os límites legais da UE para 2030. Os sobreirais do Arnego custodiados por ADEGA son obxecto de estudo por parte da Universidade de Vigo. Recta final da campaña de recadación solidaria para protexer o lobo. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    続きを読む 一部表示
    10 分
  • Boletín informativo ambiental 20/06/2025
    2025/06/25
    A Comisión Europea declara como “proxecto estratéxico” a mina de litio de Doade, en Beariz, e pon así en marcha unha carreira por acaparar materias primas críticas, pero sen garantir unha planificación axeitada, segundo denuncia ADEGA. Ademais, a Xunta vén de dar luz verde á nova planta de fibras de ENCE nas Pontes cunha Declaración de Impacto Ambiental favorable. Doutro lado, ADEGA lanza unha nova campaña solidaria dentro da iniciativa #TiPodesParalos para frear o parque eólico Pena do Pico, proxectado nos concellos lucenses de Baralla e Becerreá. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    続きを読む 一部表示
    10 分

Podcast Radio Cernaに寄せられたリスナーの声

カスタマーレビュー:以下のタブを選択することで、他のサイトのレビューをご覧になれます。