『O Teleclube 03x04: "Os Domingos"』のカバーアート

O Teleclube 03x04: "Os Domingos"

O Teleclube 03x04: "Os Domingos"

無料で聴く

ポッドキャストの詳細を見る

このコンテンツについて

'O Teleclube' reúnese para debater 'Os Domingos'. A directora vasca, Alauda Ruiz de Azúa, lévanos a misa para asistir a un drama familiar que remove as emocións. Premiada coa Cuncha de Ouro no festival de San Sebastián, 'Os Domingos' conta a historia de Ainara (Blanca Soroa), unha adolescente de 17 antes que está seriamente pensando en meterse nun convento para facerse monxa de clausura. Isto non lle fai ningunha graza á súa familia, en particular á súa tía Maite (Partricia Lopez Arnaiz). Ruiz de Azúa conta a historia destas personaxes coa súa habitual compaixón e empatía, o que sen dúbida provoca unha forte reacción nas espectadoras. Escóitanos para averiguar que sentimos nós ao vela! Tamén en Ivoox e Spotify. Veste con nós a unha nova sesión de cine? 🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.
まだレビューはありません