エピソード

  • Comer de noite engorda máis?
    2025/11/26
    Neste último episodio de Desmontando Mitos mergullámonos na crononutrición, a disciplina que estudia como o momento das comidas afecta ao noso corpo.

    Xunto á profesora en saúde pública da USC Maruxa Zapata, falamos de mitos e verdades sobre cear tarde, como axustar os horarios de alimentación sen perder hábitos sociais, e pequenos cambios que poden marcar a diferenza na saúde.
    続きを読む 一部表示
    6 分
  • Cando sangra o nariz hai que botar a cabeza cara a atrás?
    2025/11/19
    No novo episodio de Desmontando Mitos analizamos un hábito moi común cando nos sangra o nariz: botar a cabeza cara a atrás. Pero, é realmente efectivo o pode ser perigoso?

    Ainara Díaz Geada, profesora de enfermería da USC, explica por que pode agravar a situación e cal é a técnica correcta para deter o sangrado de forma segura.
    続きを読む 一部表示
    4 分
  • As matemáticas non son para mulleres?
    2025/11/12
    Aínda hoxe circula a idea de que ás mulleres non se lles dan ben as matemáticas ou que historicamente non tiveron presenza nesta ciencia. Pero, e se as orlas da Facultade de Matemáticas da USC puidesen contar outra historia?

    Neste episodio de Desmontando Mitos falamos con Elena Vázquez Cendón, profesora de matemática aplicada e antiga decana, quen demostra que a relación entre mulleres e matemáticas sempre foi profunda
    続きを読む 一部表示
    5 分
  • Os morcegos son cegos?
    2025/11/05
    Neste episodio de Desmontando Mitos, o director do Museo de Historia Natural da USC, Javier Iglesias, descubrimos como os morcegos combinan ecolocalización e visión para moverse con precisión na escuridade. Falaremos da súa incrible adaptación á vida nocturna, da orixe do seu nome e da importancia que teñen nos ecosistemas de todo o planeta.
    続きを読む 一部表示
    4 分
  • O estrés non sempre é malo: cando o corpo se activa para axudar
    2025/10/29
    E se o estrés fose, en realidade, un aliado? A palabra “estrés” adoita asociarse con algo negativo, con tensión, angustia, ansiedade ou incluso enfermidade. Porén, a ciencia explícanos que esta resposta do corpo humano non só é natural, senón tamén necesaria para a nosa supervivencia e adaptación.
    続きを読む 一部表示
    5 分
  • Como inflúe a Lei d´Hondt nos resultados electorais?
    2025/10/22
    Sempre que hai eleccións, aparece o seu nome e cúlpase de que os votos de algúns partidos valen máis que os doutros. Pero… e se a verdadeira causa non fose unha persoa, senón o propio sistema electoral español?

    Neste episodio quinto episodio Desmontando Mitos falamos sobre a Lei d’Hondt e como funciona.
    続きを読む 一部表示
    6 分
  • Instinto maternal: realidade ou construción social?
    2025/10/15
    Hai unha idea moi estendida na sociedade que parte da premisa de que todas as mulleres, polo simple feito de selo, teñen o desexo natural de converterse en nais e unha capacidade innata para os coidados. O chamado "instinto maternal". Pero, e se ese “instinto” non estivese escrito nos xenes, senón nas normas sociais? O cuarto episodio de Desmontando Mitos de GCiencia afonda neste aspecto con Jorge García, profesor de socioloxía na USC e experto en novas masculinidades.
    続きを読む 一部表示
    4 分
  • Os alimentos sen glute son máis saudables?
    2025/10/08
    Cantas veces escoitaches que eliminar o glute da dieta mellora a saúde? Esta idea está moi presente en Internet, nas redes sociais e incluso no supermercado.

    Neste terceiro episodio de Desmontando Mitos, a investigadora en nutrición da USC, Pilar España, analiza que é realmente o glute, por que só debe evitarse en casos de celiaquía ou intolerancia, e como inflúen as dietas populares e o marketing na nosa alimentación.
    続きを読む 一部表示
    5 分