『Desmontando Mitos』のカバーアート

Desmontando Mitos

Desmontando Mitos

著者: GCiencia Podcasts
無料で聴く

概要

Desmontando Mitos é unha serie audiovisual de Gciencia realizada co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) do Ministerio de Ciencia e Innovación e a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela. En catro minutos abordamos algunhas das principais falsidades disfrazadas de argumentación científica a través do coñecemento de investigadores e datos verificados.Copyright GCiencia Podcasts 科学
エピソード
  • Comer de noite engorda máis?
    2025/11/26
    Neste último episodio de Desmontando Mitos mergullámonos na crononutrición, a disciplina que estudia como o momento das comidas afecta ao noso corpo.

    Xunto á profesora en saúde pública da USC Maruxa Zapata, falamos de mitos e verdades sobre cear tarde, como axustar os horarios de alimentación sen perder hábitos sociais, e pequenos cambios que poden marcar a diferenza na saúde.
    続きを読む 一部表示
    6 分
  • Cando sangra o nariz hai que botar a cabeza cara a atrás?
    2025/11/19
    No novo episodio de Desmontando Mitos analizamos un hábito moi común cando nos sangra o nariz: botar a cabeza cara a atrás. Pero, é realmente efectivo o pode ser perigoso?

    Ainara Díaz Geada, profesora de enfermería da USC, explica por que pode agravar a situación e cal é a técnica correcta para deter o sangrado de forma segura.
    続きを読む 一部表示
    4 分
  • As matemáticas non son para mulleres?
    2025/11/12
    Aínda hoxe circula a idea de que ás mulleres non se lles dan ben as matemáticas ou que historicamente non tiveron presenza nesta ciencia. Pero, e se as orlas da Facultade de Matemáticas da USC puidesen contar outra historia?

    Neste episodio de Desmontando Mitos falamos con Elena Vázquez Cendón, profesora de matemática aplicada e antiga decana, quen demostra que a relación entre mulleres e matemáticas sempre foi profunda
    続きを読む 一部表示
    5 分
まだレビューはありません