-
サマリー
あらすじ・解説
O líder do PP nacional e expresidente da Xunta visita arestora o centro de emerxencias do 112 da Estrada. Unha visita que Alberto Núñez Feijóo aproveita para pedir explicacións ó Goberno central: non entende que aínda non puxera sobre a mesa as causas do apagamento.
No Partido Socialista acusan a Feijóo de aproveitar calquera feito para culpar e presionar a Pedro Sánchez. E neste caso non lles parece razoable despois de que o propio Alfonso Rueda loara a coordinación do executivo central
- O BNG reitera que hai indicios de prevaricación ambiental na autorización de Altri.
Así se desprende da documentación parcial e incompleta que, segundo o deputado Luis Bará, lles entregou a Xunta.
- A Plataforma Ulloa Viva denuncia un cambiazo sen xustificar nos valores contaminantes da futura planta.
Esa documentación foi -din- a que empregou Augas de Galicia pra emitir o seu informe favorable.
- A CIG esixe ó goberno galego que blinde ó persoal das autovías rescatadas.
Os traballadores viven na incerteza laboral porque a Xunta non garantiu o mantemento de tódolos empregos.
- Para minimiza-las agresións ó persoal sanitario a Xunta pretende incluir tamén as que se producen fóra dos centros de traballo.
O conselleiro de Sanidade presentoulle hoxe a proposta de reforma ós colectivos profesionais.
- O tempo. Hoxe hai aviso amarelo por tormentas en prácticamente toda a comunidade
Escuchar audio