エピソード

  • Xoana Vázquez das Seixas, un duelo polo poder
    2025/11/04
    Xoana Vázquez das Seixas litigou coa poderosa Isabel de Castro, tomou a iniciativa de anular o seu matrimonio e deixou unha interesante pegada cultural. Falamos dela co historiador Miguel García-Fernández do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago (USC).
    続きを読む 一部表示
    17 分
  • Ilduara Eiriz, a grande aristócrata
    2025/10/31
    lduara Eiriz deixou unha profunda pegada na historia de Galicia. Fundou o mosteiro de San Salvador de Celanova. Iso si, era masculino e ela só puido entrar despois de morta. Contámoscho da man do catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela (USC) José Miguel Andrade Cernadas.
    続きを読む 一部表示
    18 分
  • Beatriz de Castro: clausura ou liberdade
    2025/10/28
    Beatriz de Castro decidiu o seu destino. Escapou do convento despois de que a obrigaran a facerse monxa e asumiu as rendas da súa malograda herdanza familiar. Falamos sobre a nova protagonista de Raíñas de Galicia co historiador Miguel García-Fernández, investigador no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago (USC).
    続きを読む 一部表示
    18 分
  • Maior Pérez e o seu instinto empresarial
    2025/10/24
    Maior Pérez impulsou a construción duns baños públicos en Pontevedra no século XIV, probablemente inspirados nos baños árabes de cidades como Toledo. Foi unha pioneira e é a protagonista do capítulo 12 de Raíñas de Galicia, a serie para rescatar a memoria das galegas do medievo. Colabora neste episodio o doutor en Historia da Arte e xestor cultural Suso Vila.
    続きを読む 一部表示
    18 分
  • Violante de Aragón, da perfección ao esquecemento
    2025/10/17
    Violante de Aragón foi unha raíña modélica ata que se rebelou contra o seu marido, o rei Afonso X O Sabio. A partir de aí caeu nun profundo esquecemento que chega ata os nosos días, sen que se saiba onde morreu ou onde está enterrada.

    É a protagonista do décimo episodio de Raíñas de Galicia. Nel colaboran as historiadoras Rosa Rodríguez Porto, Diana Pelaz Flores e Carla Trincado, todas da Universidade de Santiago.
    続きを読む 一部表示
    20 分
  • Sancha de Lobeira, vitoria contra o arcebispo
    2025/10/14
    Sancha de Lobeira foi unha nobre que viviu entre os séculos XV e XVI e enfrontouse ao arcebispo de Santiago, o señor máis poderoso do seu tempo, nos tribunais. E gañou!

    Analizamos a súa figura no noveno episodio de Raíñas de Galicia, a serie para rescatar a memoria das galegas do medievo. Contamos coas voces dos historiadores Miguel García-Fernández e Rodrigo Pousa.
    続きを読む 一部表示
    20 分
  • Dona Teresa, primeira raíña de Portugal
    2025/10/10
    Dona Teresa foi nai de Afonso Enriques, o primeiro rei de Portugal. Mais foi ela quen teceu alianzas e ideou a estratexia para converter o condado portucalense nun reino. Porén, a historiografía posterior silenciou a súa memoria. Falamos sobre a súa figura coas investigadoras Diana Pelaz Flores e Carla Trincado da Universidade de Santiago e con Suso Vila, doutor en Historia da Arte e xestor cultural.

    Este é o oitavo episodio da serie Raíñas de Galicia.
    続きを読む 一部表示
    20 分
  • María Pimentel de Castro, unha voz contra o maltrato
    2025/10/07
    María Pimentel de Castro denunciou o seu marido ante os Reis Católicos. El encerrouna nun castelo e exerceu violencia, tanto física como psicolóxica, contra ela.

    Analizamos a súa historia no sétimo episodio de Raíñas de Galicia. Contamos coa colaboración de Miguel García-Fernández, investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago.
    続きを読む 一部表示
    17 分