エピソード

  • Procrastinar é un oficio solitario
    2026/06/09

    A característica máis humana de Káiser é que sempre está empezando cousas que nunca remata. Procrastinar é un vicio no que se pode caer facilmente cando un ten toda a eternidade por diante. E aburrirse, a veces, é unha consecuencia inevitable.

    続きを読む 一部表示
    6 分
  • Acibeche
    2026/06/02

    No capítulo de hoxe, Káiser ponse tenro e sentimental ao lembrar a historia de como coñeceu a Acibeche. Que quen é Acibeche? Acibeche é o seu mellor amigo, o seu compañeiro inseparable de aventuras e desventuras. Un gato negro e peludo, tan brando e suave por fóra que se diría de algodón... Pero Acibeche é mortal, e iso é algo que a Káiser non lle deixa pegar ollo.

    続きを読む 一部表示
    6 分
  • A piques
    2026/05/28

    O mundo divídese entre os que están a piques e os que cumpren os seus soños. Hai unha liña moi delgada entre o inmobilismo e a felicidade, e malia todo sempre custa dar o paso para atravesala.

    Tras o ascenso a primeira do Deportivo, Káiser reflexiona sobre como o fútbol imita á vida, ou viceversa...

    続きを読む 一部表示
    6 分
  • Na feira do libro antigo
    2026/05/25

    A Káiser encántalle a lectura, pero tan só merca un libro ao ano. Trátase sempre dun dos vellos libros de Agatha Christie na colección Biblioteca Oro, de editorial Molino. Deste xeito non só mantén unha conexión coa lectura, senón tamén con aquel pequeno vampiro que aprendeu a ler e a entender o mundo con historias de detectives e relatos de terror. Polo medio Julio Verne, Edgar Allan Poe, Neira Vilas, ou o Ulises de Joyce... Un círculo vicioso que ao final sempre conduce ao eterno retorno literario.

    続きを読む 一部表示
    6 分
  • A cerimonia de graduación
    2026/05/22

    Pode un vampiro ser un bo pai? E un pai un bo vampiro? Cando asiste á cerimonia de graduación da súa filla, Káiser decátase de que un é dono da súa forma de ser e escravo das expectativas dos demais. E de que para ser un mesmo, antes que respostas, na vida hai que atopar as preguntas axeitadas. Por exemplo: a quen carallo lle importa o que pensen os demais?

    続きを読む 一部表示
    5 分
  • O amor en tempos de Tinder
    2026/05/21

    Káiser recorre ás novas tecnoloxías para intentar encontrar parella. Pero os protocolos vampíricos non encaixan cos algoritmos de Tinder. Un ser inmortal co corazón roto está condenado a vagar en solitario por toda a eternidade.

    続きを読む 一部表示
    6 分
  • Unha idea do purgatorio
    2026/05/21

    En este capítulo o noso benquerido Káiser entra na capela de Ánimas e acaba saíndo da súa zona de confort. Polo medio xoga á ouija, conversa con almas en pena e reflexiona sobre a mediocridade, o enchufismo e o mérito e a capacidade. Porque si, amigas e amigos... Ata para estar purgatorio convén ter recomendación...

    続きを読む 一部表示
    5 分
  • A recaída
    2026/05/18

    Un ano despois de sufrir o ataque dun cazavampiros, o bo de Káiser volve sentir molestias no peito. Regresar ao CHVS (Complexo Hospitalario Vampírico de Santiago) tráelle á memoria moitos recordos e algunha que outra reflexión sobre a vida, a morte e... as maldicións familiares.

    続きを読む 一部表示
    6 分