『Káiser, memorias de un vampiro』のカバーアート

Káiser, memorias de un vampiro

Káiser, memorias de un vampiro

著者: César Carracedo
無料で聴く

"Káiser" é un pódcast nocturno, irónico e sofisticadamente sentimental no que un vampiro residente en Compostela reflexiona sobre a vida, a sociedade, a actualidade e outras traxicomedias contemporáneas. Entre paseos pola cidade vella e confidencias á luz da lúa, Káiser comparte historias, pensamentos, anécdotas e segredos acumulados durante séculos. Humor gótico, retranca, crítica social e conversas para insomnes, criaturas da noite e xente escéptica que sospeita que o mundo se foi un pouco ao carallo. Entra libremente pola túa propia vontade... e deixa parte da felicidade que traes.César Carracedo 社会科学
エピソード
  • Procrastinar é un oficio solitario
    2026/06/09

    A característica máis humana de Káiser é que sempre está empezando cousas que nunca remata. Procrastinar é un vicio no que se pode caer facilmente cando un ten toda a eternidade por diante. E aburrirse, a veces, é unha consecuencia inevitable.

    続きを読む 一部表示
    6 分
  • Acibeche
    2026/06/02

    No capítulo de hoxe, Káiser ponse tenro e sentimental ao lembrar a historia de como coñeceu a Acibeche. Que quen é Acibeche? Acibeche é o seu mellor amigo, o seu compañeiro inseparable de aventuras e desventuras. Un gato negro e peludo, tan brando e suave por fóra que se diría de algodón... Pero Acibeche é mortal, e iso é algo que a Káiser non lle deixa pegar ollo.

    続きを読む 一部表示
    6 分
  • A piques
    2026/05/28

    O mundo divídese entre os que están a piques e os que cumpren os seus soños. Hai unha liña moi delgada entre o inmobilismo e a felicidade, e malia todo sempre custa dar o paso para atravesala.

    Tras o ascenso a primeira do Deportivo, Káiser reflexiona sobre como o fútbol imita á vida, ou viceversa...

    続きを読む 一部表示
    6 分
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
まだレビューはありません