Estamos AVANZANDO realmente en dereitos LGTBI+ - Podcast con ALAS A CORUÑA
カートのアイテムが多すぎます
カートに追加できませんでした。
ウィッシュリストに追加できませんでした。
ほしい物リストの削除に失敗しました。
ポッドキャストのフォローに失敗しました
ポッドキャストのフォロー解除に失敗しました
-
ナレーター:
-
著者:
このコンテンツについて
TEMPADA 1. CAPÍTULO 2
Hoxe entrevistamos a ALAS A CORUÑA, unha asociación galega afincada na cidade da Coruña dende o ano 2010 adicada á loita e á divulgación polos dereitos LGTBI+. Falamos sobre o uso das redes sociais no seo da loita, a soidade das persoas que non atopan un apoio, a implicación das institución no tema, e discutimos sobre o avance real dos dereitos do colectivo nos últimos anos.
Pegadas culturais. O podcast é un podcast en galego no que entrevistamos a asociacións, colectivos, empresas e persoas con proxectos interesantes en Galicia. Falamos de educación ambiental, música, teatro, veganismo, dereitos LGTBI+, e moitas cousas máis. Pretendemos crear un espazo onde poder expresarse, debatir e coñecer outras realidades.
Somos unha equipa pequeniña, con Sandra Martínez como presentadora, e Juan Villar ao cargo do vídeo e do son. Estamos comezando este novo camino con moita ilusión e estamos a prender unha cantidade enorme de cousas. Úneste?
Pegadas culturais é unha pequena empresa galega que se adica á educación ambiental e ás artes escénicas. Nace a principios de 2022 coa idea de xerar un cambio social de cara ao respecto e ao coidado da natureza e o medioambiente, pondo en valor a enorme cantidade de recursos naturais que nos rodean. Ademais, conta cunha compañía teatral con espectáculos para público infantil e adulto.
Link entrevista con vídeo en youtube: https://www.youtube.com/watch?v=sd3jZC1CV1Y&ab_channel=PegadasCulturais
Instagram Pegadas culturais: pegadasculturais_
Instagram Alas A Coruña: alasacoruna
Web Alas A Coruña: https://alasacoruna.org/
Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.