『Esta semana en Músicas de Ferrolterra Manu Fraguela presenta Brixela e o disco Filigrana. Hoxe: Acibeche e amor』のカバーアート

Esta semana en Músicas de Ferrolterra Manu Fraguela presenta Brixela e o disco Filigrana. Hoxe: Acibeche e amor

Esta semana en Músicas de Ferrolterra Manu Fraguela presenta Brixela e o disco Filigrana. Hoxe: Acibeche e amor

無料で聴く

ポッドキャストの詳細を見る
O panorama da música tradicional galega dálle a benvida a Brixela, un novo proxecto que presenta o seu primeiro traballo discográfico, «Filigrana», unha proposta que une a música de raíz co patrimonio da ourivería tradicional galega. O grupo está formado por Pedro Díaz (voz e pandeireta), Xan Pampín (acordeón e bombo) e a naronesa Manuela Fraguela, á zanfona, tres artistas unidos polo seu vínculo coa tradición musical de Galicia e doutras culturas. O disco afonda no simbolismo das xoias tradicionais, entendidas non só como elementos estéticos, senón como amuletos, memoria familiar e recurso de supervivencia. Cancións como “A Venera” ou “Pacto Recto” recuperan historias de desamor, usura e legado, mentres outras pezas abren espazos á esperanza e á transmisión xeracional. Cunha posta en escena sinxela e emotiva, Brixela propón unha viaxe sonora entre emoción, historia e identidade galega.
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
まだレビューはありません