『Canto Conto - Podcast』のカバーアート

Canto Conto - Podcast

Canto Conto - Podcast

著者: MJ Perez
無料で聴く

このコンテンツについて

Que é "Canto Conto"? Nesta pequena presentación cóntovos de que vai este podcast e o porqué da súa creación. Queremos compartir co público dun xeito cercano e entretido a realidade dos nosos camiños e do noso traballo. Converso con persoas que para min son de grande interese por diversos motivos e só agardo que atopetes nestas conversas entretimento, reflexión e puntos de encontro. Síguenos, podes esecoitarnos en iVoox e Spotify. Podes seguir tamén as RRSS de MJ Pérez para estar ao tanto da saída de cada novo capítulo.© 2025 MJ Perez 社会科学
エピソード
  • Á conversa con CRISTINA PATO | Canto Conto
    2025/08/03
    Esta é, sen dúbida, unha das conversas máis especiais do podcast ata a data. Se ben é certo que coñezo a Cristina dende cativa, como tantos de nós, de vela actuar na TV ou escoitala na radio, podo dicir que tiven a sorte de coñecela hai algo máis de 10 anos atrás, nunha etapa na que eu era todo ilusión, nunha etapa na que foi moi importante para min dar cun referente coma ela. E si, falo dela coma referente, coma inspiración (aínda que reflexionamos sobre este concepto na conversa). Había uns cantos anos que non cadrabamos, e foi agora, entre este momento de presentación de Fora de foco, a súa última novela, e o pretexto deste podcast, que nos volvemos xuntar. Con ela tiven a sorte de ter unhas cantas conversas ao longo dos anos que me fixeron reflexionar moito e que me axudaron en momentos clave. E esta é unha máis, só que cun micro diante, para facervos partícipes tamén a vós. Coma sempre, xenerosa comigo, e eu, agradecida con ela. Acompañádenos nesta conversa :)
    続きを読む 一部表示
    1 時間 28 分
  • 24. Á conversa con LUCÍA PÉREZ | Canto Conto
    2025/06/19
    Este episodio é o "crossover definitivo", as "Pérez" xuntas á conversa! Hai tempo que me apetecía sentar un día con Lucía Pérez para coñecela mellor e saber máis do seu camiño e carreira, e que mellor ocasión de facelo que aquí, no Canto Conto e compartilo con vós! Neste episodio falamos de música, do importante que é facer camiño, de xeitos diferentes, de atopar cada quen o seu camiño para avanzar en firme. Tamén facemos un repaso sobre moitas experiencias e vivencias de Lucía ao longo da súa carreira, dende que gañou aquela primeira edición da Canteira de Cantareiros con apenas 18 anos ata o seu paso por Eurovisión no 2011. Acompáñanos nesta conversa do máis interesante!
    続きを読む 一部表示
    1 時間 17 分
  • 23. Á conversa con JOSHUA KENNETH | Canto Conto
    2025/05/10
    Coñecino na Facultade, non pasaba desapercibido (na conversa descrubriredes por qué), mais se algo me une a Joshua son as peripecias. Na miña memoria gardo con moito cariño momentos e anécdotas algunhas surrealistas, outras emotivas, porque ter un "mago" na Facultade, non era cousa menor! O caso é que foi o Audiovisual o que nos uniu e a vida a que fixo que compartisemos momentos coma un videoclip (nada máis e nada menos que o meu primeiro). Aínda lembro os tempos nos que Joshua sacaba adiante a carreira mentres, paralelamente estudaba Ilusionismo en Madrid, a súa aposta ía moi en serio, e non lle faltaba razón e confiar na súa intuición porque está claro que naceu para isto. Hoxe vexo como vai polo mundo adiante facendo espectáculos, gañando premios, facendo do ilusionismo a súa profisión e vida... e que orgullosa estou! Disto e moito máis falamos neste episodio, acompáñanos! PD: Atención, porque hai truco! Teredes que prestar moita atencion...
    続きを読む 一部表示
    1 時間 4 分
まだレビューはありません