『Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Olga Alonso Villar』のカバーアート

Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Olga Alonso Villar

Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Olga Alonso Villar

無料で聴く

ポッドキャストの詳細を見る

このコンテンツについて

Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

Neste episodio, Olga Alonso Villar—catedrática no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, do que é subdirectora, e integrante do centro de investigación interuniversitario ECOBAS—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Entre outras moitas cousas, confesa que a súa vocación naceu do interese pola xustiza social e que, aínda que de nena dubidaba entre ser mestra ou detective, foi un profesor quen lle abriu o camiño cara ás matemáticas e, desde aí, á economía.

Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Olga Alonso Villarに寄せられたリスナーの声

カスタマーレビュー:以下のタブを選択することで、他のサイトのレビューをご覧になれます。