『Informativo A Coruña 8:45 - 11/12/25』のカバーアート

Informativo A Coruña 8:45 - 11/12/25

Informativo A Coruña 8:45 - 11/12/25

無料で聴く

ポッドキャストの詳細を見る

このコンテンツについて

Parálise no concello de Santiago: a oposición volve tumbar o pagamento das facturas pendendetes a provedores. Un total de 1,3 millóns de euros, entre os que destacan 119 facturas de Viaqua por preto dun millón.

O PP votou en contra e os non adscritos abstivéronse. Foi nunha sesión extraordinaria onde SI se aprobou o traspaso da UAD ó Sergas

- Pleno Municipal hoxe no concello da Coruña...O PP levará ó debate as represalias de María Pita contra os funcionarios que lle facilitaron á Fiscalía información sobre a licenza de obra concedida ao tenente de alcaldesa, para unha vivenda da súa propiedade.

-O gran comercio téxtil estivo en folga este mércores en toda a provincia da Coruña. Como consecuencia, moitas tendas de grandes cadeas como o grupo Inditex, Mango, Calzedonia ou Primak NON abriron as súas portas.

-Ás sete e media da tarde a alcaldesa compostelá presidirá o acto de recepción oficial e exposición pública das esculturas do Mestre Mateo. Desde a pasada semana están xa no Museo do Pobo Galego, logo de 70 anos en posesión da Familia Franco


Escuchar audio
まだレビューはありません